jueves, 21 de junio de 2012

Proxecto Interdisciplinar 2011-2012: Enerxías

Aproveitando que a Asamblea General de las Naciones Unidas proclamou o ano 2012 Año Internacional de la Energía Sostenible para Todos, o alumnado de 1º de ESO desenvolveu, durante este curso 2011-2012, as súas capacidades e competencias básicas investigando sobre as fontes de enerxía renovables e non renovables, as vantaxes e inconvenientes derivadas da utilizando destas enerxías. Estes traballos desenvolvéronse coma Proxecto Interdisciplinar.

Isto levouse a cabo nas seguintes fases:

Fase I: Fixar obxectivos e metas:
Determinar se van a traballar individualmente ou en grupo, sobre que tipo de enerxía van traballar, puntos a tratar...

Fase II: Busca e tratamento da información:
Para isto:
  • Buscaron información en distintas páxinas de internet.
  • Visualizaron e comentaron vídeos sobre a utilización da enerxía polo home o longo da Historia, sobre os distintos tipos de lugares que apostan polas enerxías sostibles, como a Illa de Samso ou a Illa do Hierro.
  • Buscaron todas as semanas no periódico La Voz de Galicia novas relacionadas coas fontes de enerxía, para ser utilizadas nos seus traballos. Cada alumno dispón dun diario, xa que o alumnado de 1º da ESO está no programa Prensa Escuela.
  • Visitaron a exposición "O Noso Mundo, O Noso Futuro, A nosa opción , O cambio climático", para tomar conciencia sobre este tema e utilizar a información que cada un considerou necesaria no seu traballo.
Fase III: Presentación do proxecto:
  • En soporte informático
  • En soporte escrito
  • Con exposición oral

Publicamos aquí as presentacións máis relevantes elaboradas polo alumnado para ser expostas aos compañeiros:















martes, 7 de junio de 2011

RUTAS LITERARIAS NO MUSEO PROVINCIAL





Co alumnado de 2º da ESO visitamos o Museo Provincial de Lugo e participamos nas Rutas literarias durante o 1º trimestre do curso.

Durante o 2º trimestre os alumnos, divididos en pequenos grupos, fixeron unha segunda visita (organizándose fóra do horario escolar) para buscar información sobre aspectos concretos do propio Museo.

No terceiro trimestre, pósta en valor dos traballos de cada grupo e elaboración dun traballo colectivo.

Perseguíamos estes obxectivos:


  • Profundizar no coñecemento da obra narrativa de autores galegos .
  • Coñecer algúns dos fondos do Museo Provincial de Lugo.
  • Valorar a través do coñecemento dos fondos do museo a nosa Historia
  • Vivenciar con actitudes positivas a lingua como manifestación cultural.
  • Convivir e mostrar actitudes positivas e de respecto fóra das aulas.
  • Traballo cooperativo en grupos.

Este é o noso traballo final:




miércoles, 27 de abril de 2011

ANALISE DAS AUGAS DE LUGO



Presentamos os datos obtidos trala análise feita das mostras de diferentes orixes dentro da cidade de de Lugo:



Para interpretar estes datos, cómpre ler o seguinte documento:


lunes, 25 de abril de 2011

Visita ao obradoiro de instrumentos musicais de Lugo



(Entrada publicada como parte do proxecto "O Pórtico da Gloria en Lugo", que á súa vez forma parte do proxecto interdisciplinar "Facer Lugo".)




O pasado venres 25 de marzo, o alumnado de 4º da E.S.O de música bilingüe deste centro fumos facer unha visita ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo e realizamos unha entrevista a un dos principais luthiers encargados da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Pero non todo foi tan fácil como parece: primeiro tivemos que informarnos a través de diversas páxinas de internet, facilitadas polo noso profesor. Despois tivemos que pensar e poñernos dacordo entre todos sobre as preguntas que íamos realizar. Para finalizar o traballo, antes de realizar a entrevista buscamos o teléfono e o correo electrónico do antedito luthier, Luciano Pérez, para contactar con el. Finalmente decidimos chamalo e concretamos a data da entrevista.

Ao chegar alí estabamos todos un pouco nerviosos pero, en canto comezamos a entrevista, relaxámonos rapidamente. Na entrevista explicounos todo o proceso para realizar o traballo de reconstrución dos instrumentos. Falounos de tódalas persoas que lle axudaron a realizar este traballo, do seu pai e do seu avó (cofundador do obradoiro de instrumentos musicais). Falounos tamén de tódolos materiais que utilizaron, a que temperatura se deben conservar os instrumentos para que non se deterioren, etc.

Luciano foi moi amable concedéndonos esta entrevista e no momento no que nos puxemos en contacto con el, non puxo ningún inconveniente en atendernos.
Ao finalizar esta entrevista acompañounos ata o obradoiro onde se fabrican os instrumentos e alí deixounos con outro artesán que estaba a fabricar un instrumento. Alí amosáronnos todos os materiais cos que se traballa, os instrumentos que se utilizan. Tamén faláronnos de como se deseñan os instrumentos noutros países, e que eles o fan todo a man xa que era como se facía antes. No obradoiro tamén estaba outro home fabricando un instrumento e o artesán explicounos que ese home e tres máis estaban alí facendo unha especie de practicas.

Ao terminar a visita, Luciano agasallounos cun libro sobre os instrumentos de corda reconstruídos no obradoiro a partir das representacións en pedra no Pórtico da Gloria e no Pazo de Xelmírez. Decidimos donar este libro á biblioteca do instituto.

Podedes escoitar a entrevista neste reproductor, mentres vedes as fotos da presentación de máis arriba:


Sara Fernández Meijide
Noa González Arias
Marta Varela Vázquez
Álvaro Vázquez Vilar
Jony Fernández Gómez
4º ESO