Qué é este blog?



FACER LUGO é un proxecto de traballo no que desde as diferentes áreas do currículo pretendemos afondar no coñecemento da nosa cidade e o seu contorno.

Nel cabe calquera tipo de traballos e informacións de tipo artístico, cultural, histórico, científico, etc. que nos aporte datos sobre quen somos e onde estamos.

Os resultados deste traballo faranse públicos a través do periódico mural, o blog FACER LUGO, a revista do centro e en calquera outro medio que queira colaborar na súa difusión.

O obxectivo é aprender traballando e axudar a que outras persoas poidan aprender grazas ao noso traballo.