martes, 7 de junio de 2011

RUTAS LITERARIAS NO MUSEO PROVINCIAL





Co alumnado de 2º da ESO visitamos o Museo Provincial de Lugo e participamos nas Rutas literarias durante o 1º trimestre do curso.

Durante o 2º trimestre os alumnos, divididos en pequenos grupos, fixeron unha segunda visita (organizándose fóra do horario escolar) para buscar información sobre aspectos concretos do propio Museo.

No terceiro trimestre, pósta en valor dos traballos de cada grupo e elaboración dun traballo colectivo.

Perseguíamos estes obxectivos:


  • Profundizar no coñecemento da obra narrativa de autores galegos .
  • Coñecer algúns dos fondos do Museo Provincial de Lugo.
  • Valorar a través do coñecemento dos fondos do museo a nosa Historia
  • Vivenciar con actitudes positivas a lingua como manifestación cultural.
  • Convivir e mostrar actitudes positivas e de respecto fóra das aulas.
  • Traballo cooperativo en grupos.

Este é o noso traballo final:




miércoles, 27 de abril de 2011

ANALISE DAS AUGAS DE LUGO



Presentamos os datos obtidos trala análise feita das mostras de diferentes orixes dentro da cidade de de Lugo:



Para interpretar estes datos, cómpre ler o seguinte documento:


lunes, 25 de abril de 2011

Visita ao obradoiro de instrumentos musicais de Lugo



(Entrada publicada como parte do proxecto "O Pórtico da Gloria en Lugo", que á súa vez forma parte do proxecto interdisciplinar "Facer Lugo".)




O pasado venres 25 de marzo, o alumnado de 4º da E.S.O de música bilingüe deste centro fumos facer unha visita ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo e realizamos unha entrevista a un dos principais luthiers encargados da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Pero non todo foi tan fácil como parece: primeiro tivemos que informarnos a través de diversas páxinas de internet, facilitadas polo noso profesor. Despois tivemos que pensar e poñernos dacordo entre todos sobre as preguntas que íamos realizar. Para finalizar o traballo, antes de realizar a entrevista buscamos o teléfono e o correo electrónico do antedito luthier, Luciano Pérez, para contactar con el. Finalmente decidimos chamalo e concretamos a data da entrevista.

Ao chegar alí estabamos todos un pouco nerviosos pero, en canto comezamos a entrevista, relaxámonos rapidamente. Na entrevista explicounos todo o proceso para realizar o traballo de reconstrución dos instrumentos. Falounos de tódalas persoas que lle axudaron a realizar este traballo, do seu pai e do seu avó (cofundador do obradoiro de instrumentos musicais). Falounos tamén de tódolos materiais que utilizaron, a que temperatura se deben conservar os instrumentos para que non se deterioren, etc.

Luciano foi moi amable concedéndonos esta entrevista e no momento no que nos puxemos en contacto con el, non puxo ningún inconveniente en atendernos.
Ao finalizar esta entrevista acompañounos ata o obradoiro onde se fabrican os instrumentos e alí deixounos con outro artesán que estaba a fabricar un instrumento. Alí amosáronnos todos os materiais cos que se traballa, os instrumentos que se utilizan. Tamén faláronnos de como se deseñan os instrumentos noutros países, e que eles o fan todo a man xa que era como se facía antes. No obradoiro tamén estaba outro home fabricando un instrumento e o artesán explicounos que ese home e tres máis estaban alí facendo unha especie de practicas.

Ao terminar a visita, Luciano agasallounos cun libro sobre os instrumentos de corda reconstruídos no obradoiro a partir das representacións en pedra no Pórtico da Gloria e no Pazo de Xelmírez. Decidimos donar este libro á biblioteca do instituto.

Podedes escoitar a entrevista neste reproductor, mentres vedes as fotos da presentación de máis arriba:


Sara Fernández Meijide
Noa González Arias
Marta Varela Vázquez
Álvaro Vázquez Vilar
Jony Fernández Gómez
4º ESO

miércoles, 12 de enero de 2011

Leonardo Da Vinci e a Música


Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitamos a exposición "Leonardo Da Vinci e a Música" no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Alí vimos unha impresionante colección de instrumentos musicais deseñados por Leonardo Da Vinci.

Leonardo sempre estaba a inventar artefactos para mellorar a vida das persoas. Moitas das súas creacións tratan de solventar problemas ou acadar máis comodidade á hora de tocar. Outras perseguen investigar novas posibilidades sonoras.

Despois de escoitar con detalle as explicacións do mestre luthier do CAD, que nos introduxo no marabilloso mundo dos constructores de instrumentos, fumos a outras dependencias onde admiramos os instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, reconstruídos hai uns anos polos luthieres do Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Lugo. Para poder acadar esta difícil tarefa tiveron que analizar minuciosamente as esculturas das arquivoltas nesta portada da Catedral e estudar moitos documentos da época.

Aquí tedes unha explicación do Pórtico da Gloria no seu conxunto: