miércoles, 12 de enero de 2011

Leonardo Da Vinci e a Música


Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitamos a exposición "Leonardo Da Vinci e a Música" no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Alí vimos unha impresionante colección de instrumentos musicais deseñados por Leonardo Da Vinci.

Leonardo sempre estaba a inventar artefactos para mellorar a vida das persoas. Moitas das súas creacións tratan de solventar problemas ou acadar máis comodidade á hora de tocar. Outras perseguen investigar novas posibilidades sonoras.

Despois de escoitar con detalle as explicacións do mestre luthier do CAD, que nos introduxo no marabilloso mundo dos constructores de instrumentos, fumos a outras dependencias onde admiramos os instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, reconstruídos hai uns anos polos luthieres do Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Lugo. Para poder acadar esta difícil tarefa tiveron que analizar minuciosamente as esculturas das arquivoltas nesta portada da Catedral e estudar moitos documentos da época.

Aquí tedes unha explicación do Pórtico da Gloria no seu conxunto:



No hay comentarios:

Publicar un comentario